Os equipadores

A principal das premisas que nos marcamos con este proxecto é apoiar a labor dos equipadores e reequipadores da nosa Comunidade, e tamén de todas as persoas que dunha maniera ou doutra contribúen para enriquecer a todo o noso colectivo da escalada.
Pretendemos co diñeiro que se consiga, mercar material para equipar vías novas e poder ampliar o noso campo de xogo, material para reequipar as vías que por atoparse en mal estado non poidan ser usadas ou sexan un perigo para os escaladores e mercar material de limpeza e cordas estáticas para a xente que queira limpar vías que non estéan en condición ou para aperturistas de vías clásicas os cales tamén queremos brindar o noso apoio.

Por outra banda non queremos por límites a creatividade dos aperturistas, deste xeito, a persoa que solicite o material entendemos que é cos fins indicados con anterioridade, polo que os formalismos como proxectos ou temporalidade non teñen cabida a hora de dar facilidades. O equipamento debido a ser o noso ámbito en Galicia, entendemos que é recomendable que as vías nas que se utilice sexan en Galicia ou zonas limítrofes como Norte de Portugal, Asturias ou León, pero outras zonas non son excluintes.
No apartado de gastos soamente publicaremos a quén se lle deu o material, co fin de que a xente poida ver onde foi empregado o material, e deixamos a elección do equipador a publicación ou non das zonas onde foi empregado o material.




Ano 2015
O material entregado vai sendo entregado da seguinte maneira:

Escaladores Baixo Miño
- 60 chapas
- 2 reuniones con argolla
- 4 américas

Escaladores de Santiago, reequipamiento de Caldas y vías nuevas:
- 40 chapas
- 10 Américas
- 3 reuniones con cadena y argolla

Anxo Rial:
- 40 Chapas
-  5 reuniones con cadena y argolla

Jose A. Villar:
- 40 chapas
- 8 americas

Escaladores de Ourense ( Miguel Feijoo y Alfonso Böck)
- 20 chapas
- 8 americas