Os colaboradores do calendario

Trala idea inicial, só foi necesario pedir a colaboración de varios dos mellores fotógrafos de montaña e escalada e da millor diseñadora gráfica que se pode ter e obter unha resposta inmediata de tódolos cunha disponibilidade total.
Só podemos dar as GRAZAS ás persoas que colaboraron desinteresadamente na cesión de fotografías e as horas de traballo da diseñadora isto é posible. 

Fotógrafos
Victor Barro: Ourensá a alma mater deste proxecto e colaborador das millores revistas de escalada da Península. Podedes ver os seus traballos na  súa web e no seu Flick.
Luis Vilanova: Lucense e un dos grandes exploradores en busca das pequeñas xoias de roca que esconde a nosa xeografía. Podedes ver o seu traballo na súa web e no seu Flick.
Anxo Rial: Equipador e buscador de paredes por toda a xeografía galega e colaborador habitual de diversas revistas de escalada da Península. Podedes ver o seu traballo na súa paxina web e no seu Flick.
Jesús Arcelle: Ourensá escalador,  amante da fotografía e de seguro que as súas fotografías do noso deporte daran moito que falar nun futuro próximo. Podedes seguir o seu traballo no seu Flick.


Diseñadora Gráfica
María García Mosquera: Diseñadora ourensá que é a encargada dos número, letras, e composición dixital do calendario. Podedes contactar con ela no seu mail: mariagarciamosquera@yahoo.es